a
esencia
do
mar
GALP costadamorte
O Galp Costa da Morte é unha entidade sen ánimo de lucro composta por axentes económicos e sociais representativos da zona, cuxo ámbito de actuación son os municipios costeiros comprendidos entre A Laracha e Muxía. Un dos seus obxectivos é mellorar a calidade de vida, a actividade económica e a valorización do patrimonio desta zona costeira altamente dependente da pesca.
O Galp traballa para contribuír ao desenvolvemento desta zona pesqueira e, como entidade colaboradora coa Consellería do Mar, xestiona os fondos FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) para a implementación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo Costa da Morte.
As nosas accións están orientadas a fomentar o desenvolvemento da zona mediante a valorización dos produtos pesqueiros, así como do patrimonio natural e cultural ligado ao mar, creando novas fontes de riqueza e aproveitando os recursos seus recursos.
do mar á túa mesa
Estás disposta/o a aMar?
Estás preparada/o para gozar de toda a excelencia da Costa da Morte na túa mesa?
Pois só tes que buscar o distintivo 5 Cunchas nos produtos do mar. Moi pronto estará disponible en lonxas, mercados, pescaderías, restaurantes e conservas.
Porque, cómo non te vou a aMar?
Cómo non aMar esa onda de frescura que me salpica cando te achegas?
Cómo non aMar esa aroma que me envolve cando estás cerca?
Cómo non aMar toda a forza que representas e que trasmites?
Cómo non aMar cada un dos sabores cos que me sorprendes?
Cómo non aMar esas orixes que representas coma ninguén?
Cómo non aMar ese aquel tan teu que te fai irrepetible?
Cómo non aMar a diversidade que te converte en única?
Cómo non aMar o compromiso que tes cos demáis?
Cómo non te vou aMar, Costa da Morte?
5
cunchas
O distintivo de calidade que acredita toda a frescura, toda a intensidade, toda a calidade, toda a tradición e todo o sabor da Costa da Morte nos produtos do mar. Descúbreo!